Quen Somos

Nauta Sanxenxo


Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha área de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000 m² de espazo peonil.

Sanxenxo

Sanxenxo é un municipio repleto de encanto, situado na costa occidental de Galicia.

Considerada a capital turística das Rías Baixas, está bañada polas Ría de Pontevedra e a Ría de Arousa.

A súa situación privilexiada outórgalle unhas condicións climáticas excelentes, cunha temperatura media de 15ºC, así como un ámbito inigualable no que destacan as súas fermosas praias e as súas extraordinarias paisaxes naturais.

Ao longo dos seus 36 km de costa, Sanxenxo conta con numerosas calas e praias, moitas delas con Bandeira Azul, sendo dende o 2004 o municipio con máis galardóns de toda España e o segundo de Europa.

Sanxenxo converteuse nun referente do turismo en Galicia. A súa gastronomía, as súas praias, as súas paisaxes, unha oferta hoteleira ampla e de calidade, entre outros factores, fan que miles de visitantes elixan Sanxenxo como destino.

Ligazóns de interes

Concello de Sanxenxo Meteo Galicia

Instalacións

Todas las comodidades


450 puntos de amarre de 8 a 45 m.

Ancho bocana 50 m.

Profundidade 8-5 m.

Tomas de auga e electricidade individuais.

Subministración de gasóleo-gasolina.

Travel-lift 40 Tn.

Marina seca 5.590 m².

Parte meteorolóxico

Recollida de lixo, aceites usados e augas residuais.

Teléfono-fax.

Internet wifi en peiraos.

Aseos-Duchas.

Mantemento de embarcacións.

Vixilancia 24 h - Acceso restrinxido.

Vista do porto en directo

Servizos

Servizos principais


O porto dispón dunha bocana de 50 m e un calado que oscila de 5 a 8 m e 450 amarres de entre 8 e 45 m. Os servizos inclúen travel-lift de 40 Tn internet wifi en peiraos, recollida de todo tipo de residuos, vixilancia 24 horas, acceso restrinxido a peiraos e outros.

Nauta Sanxenxo tamén ten 3.000 m² de espazo comercial e 380 prazas de estacionamento.

No seu ámbito inmediato podes encontrar unha ampla oferta de restaurantes e hoteis. A 15 minutos hai dous campos de golf, un de 18 buratos e un de 9, entre outras cousas.

Outros servizos


Supermercados

Restaurantes

Tendas

Efectos navais

Reparación de velas

Hoteis

Taxi, Bus y Aeropuerto

Campos de Golf

Spa

Farmacias

Hospitais

Actividades

Para non se aburrir nunca


O Porto Deportivo Juan Carlos I e os Clubs Náuticos de Portonovo e Sanxenxo, contan cunhas excelentes instalacións para o desfrute das actividades náuticas. As condicións para practicar vela son idóneas e ao longo do ano son varios os torneos de vela que se levan a cabo. Impártense cursos de vela lixeira e vela de cruceiro durante todo o ano.

Ademais, no municipio de Sanxenxo poden practicarse outras actividades deportivas como:

Surf

Winsurf

Kitesurf

Submarinismo

Natación

Piragüismo

Parascending

Hípica

Golf

Karts

Senderismo

Tarifas

Tarifas

Calcule a súa tarifa seguindo os pasos:

Calcule a súa tarifa en 5 sinxelos pasos. Comeza indicando os seguintes datos.

Tipo de amarre

Contacto

Contacto

Nauta Sanxenxo, S.L.

Dirección: C/ Augusto González Besada s/n
36960 Sanxenxo - Galicia - España

Teléfono: +34 986 720 517
Fax: +34 986 720 578
E-mail: info@nautasanxenxo.com

Envíanos unha mensaxe

Localización

Financiación Europea

Financiación Unión Europea


Proxecto: ADQUISICIÓN GRÚA PÓRTICO MARINA

Importe de axuda: 96.200,00

Obxectivo: PRIORIDAD 4 - DIVERSIFICACIÓN